¿QUÉ É A AGRUPACIÓN DE CENTROS DEPORTIVOS E CULTURAIS?

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais desenrola unha labor encamiñada a difundir cultura a toda a cidadanía viguesa, entendendo cultura como toda aquela expresión que faga enriquecer o patrimonio do coñecemento das persoas coma individuos ou como Asociacións.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais fúndase o 7 de marzo de 1995, por iniciativa de varios Centros Culturais da cidade de Vigo e por mor dunha serie de inquedanzas e peculiaridades comúns a todos os Centros Culturais e Asociacións Culturais independentes.

Como fins desta Agrupación establécense os seguintes:

  • Representar perante os organismos competentes a todas as Asociacións federadas.
  • Acadar as axudas necesarias para que cada entidade federada poda levar a cabo os seus fins.
  • Organizar actividades, actos, etc., que teñan unha ampla demanda social.
  • Propoñer e subscribir acordos e convenios beneficiosos para a Agrupación e os seus federados.
  • Levar a cabo un circuíto de actuacións financiado polo Concello onde dar saída os miles de mozos que tódolos días traballan en ensaios etc.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais está composta actualmente por 20 entidades da cidade de Vigo, tanto centros culturais, lúdicos, deportivos e asociacións independentes.

Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo © copyright 2009