NOVAS DA AGRUPACIÓN

Firma de Convenio con Concello de Vigo
Venres, 10 de Maio de 2013 ás 22:00 GMT

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, seguimos co noso obxectivo de difundir a cultura por toda a cidade de Vigo. Nesta ocasión facémolo grazas o convenio que firmamos co concello de Vigo.

convenio

O noso presidente Roberto Giráldez e o alcalde de Vigo Abel caballero, firmaron onte un convenio de 13500 euros, para a realización de 34 actuacións de grupos de canto e música tradicional galega e 6 actuacións de teatro.

Todas estas actuacións serán realizadas por grupos da cidade de Vigo, grupos dos colectivos que forman a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. Estas actuacións terán lugar polas parroquias e o centro de Vigo.

"A Semana de Teatro Afeccionado" e "Vente con nós", son os programas financiados por este convenio. 17 grupos tradicionais galegos e 6 de teatro, serán os que nos ofrecerán o seu espectáculo en diferentes zonas desta cidade, o largo deste ano 2013.

Oferta de emprego
Luns, 29 de Abril de 2013 ás 10:00 GMT

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo ademáis de pensar na  difusión da cultura, centrámosnos na ciudadanía e pensamos como podemos axudar directamente ás persoas. Por iso, mediante o Plan de Emprego Municipal 2013 ofertamos un posto de traballo.

adminitradorEn cumprimento das bases do Plan de Emprego Municipal 2013, adxuntamos perfil de posto de traballo solicitado a maiores das renovacións do Plan de Emprego Municipal 2012:

Necesitamos Auxiliar Administrativo con titulación mínima de Ciclo Superior ou similar.

-Coñecementos profesionais relacionados coa tramitación de subvenciones e trámites administrativos relacionados con Administraciones Públicas.

-Deseño e xestión de publicidade e comunicación.

-Experiencia demostrable de 2 anos.

-Disponibilidade horaria. 

-Valórase coche propio.

-Debe estar censada/o no concello de Vigo.

-Debe estar dado/a de alta en el INEM, con un plazo mínimo de 3 meses.

Os/as interesados/as enviar Curriculum Vitae á dirección de correo electrónio: acculturaisvigo@yahoo.es

ACDC, a Tua Axenda Cultural de Referencia
Mércores, 3 de Abril de 2013 ás 22:00 GMT

¿Cantos de vos buscades en internet plans para o fin de semana?A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, queremos ser ese sitio de internet que vos mostre a mellor información cultural. Queremos ser a tua Axenda Cultural de Referencia.

logo agrupación

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, en cada uno dos novos proxectos que empezamos e levamos a cabo , mantemos vivos os nosos obxetivos. Difundir e promover a cultura na cidade de Vigo e por suposto mantervos informados das novidades culturais que surxen na nosa cidade.

Moitas son as actividades, actos novos que realizamos cada ano. Eventos dos que todos estades informados.

A actualidad cultural é algo que nos importa, por iso cada día vos informamos e vos poñemos o día en información cultural que vos poida interesar. 

Non soamente anuciamos os nosos eventos, tamén publicamos sobre actos que os nosos colectivos e algunhas institucións organizan.

Mediante a nosa web: www.centrosculturaisvigo.es e o noso blog :www.centrosculturaisvigo.blogspot.com, informámosvos de todas as novidades. Ademáis, podedes seguirnos na nosa páxina de facebook: Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo ou no noso Twiter: @ACDC_Vigo

Xa sabedes, a partir de agora cando busquedes información cultural, non dubidedes en buscar á Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, a vosa Axenda Cultural de referencia.

Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo © copyright 2009